Venres. 11.10.2024
El tiempo

Malpica inicia o Plan Director de saneamento

ReuniónSaneamentoMalpica1
Malpica inicia o Plan Director de saneamento

O Concello de Malpica dá por comezados os procedementos para a mellora da rede de abastecemento de augas do municipio coa posta en coñecemento hoxe do Plan Director de saneamento, documento que foi presentado esta mañá no Centro Cívico por Pablo Couto, Eugenia Calvo e Héctor del Río, de Serye e Ciclo Ingeniería.

O estudio baseouse en catro puntos primordiais para coñecer as deficiencias das instalacións na actualidade, así como as melloras prioritarias a executar nos próximos tempos. Así, nun primeiro termo púxose en coñecemento a recompilación do seu estado, a diagnose da situación, a valoración e a descrición das distintas solucións e os resultados.

Un dos problemas fundamentais que se detectaron na EDAR de Malpica é que orixinariamente estaba deseñada para funcionar como un elemento separador, e está a funcionar como unitario debido á cantidade de auga que lle chega da rede, cunha elevada infiltración.

Tamén se produce este fenómeno na estación depuradora de Buño, cun sistema ademais pouco accesible no caso de necesitar tarefas de reparación ou mantemento. En Seaia, o último dos tres sistemas de saneamento que existen en Malpica, observouse que a auga circulaba “con volumes superiores aos teóricamente normais”, dixeron os expertos.

O desexo do goberno local é unificar o plan de melloras para “levar un servizo de calidade a todos os núcleos poboacionais, ben sexa por bombeo ou instalando determinados centros de depuración nos lugares más axeitados”, achegan.

Así, nun primeiro termo, actuaríase na depuradora de Buño para optimizar o sistema de captación. Seguidamente, instalaríase un sistema de depuración en Beo e axeitaríase a rede para que os pequenos núcleos, a través do mellor sistema, contasen cunha rede de calidade.

 

“Iniciaremos agora os contactos primeiramente con Augas de Galicia, xa co Plan Director na man, para tratar o método máis axeitado de financiamento”, aporta o executivo local, quen manifesta que “o noso maior desexo é poder executar a renovación pensando nun futuro a longo plazo.”

Comentarios