Malpica inviste 22.000 euros máis no alumeado público eficiente
08:05 29/06/17
En lugares como o paseo marítimo de Malpica, sustituíronse al lámpadas de vapor de sodio por haloxenuros metálicos
O Concello de Malpica de Bergantiños está a realizar nos últimos anos un importante esforzo de cara á consecución dunha iluminación pública máis eficiente. O ano pasado realizouse un investimento de preto de 400.000 euros que permitiu substituír as vellas lámpadas de vapor de sodio por haloxenuros metálicos, que ofrecen unha cor moi próxima ao branco, teñen unha eficiencia luminosa moi elevada, un rendemento cromático óptimo e unha duración media moi elevada.
Este sistema utilízase, por exemplo, no paseo marítimo de Malpica e na práctica totalidade dos espazos públicos, axardinados e peonís de Buño. Así mesmo, o goberno local de Malpica está a estendelo polo resto do territorio. O ano pasado, por exemplo, foron substituídas 140 luminarias nos lugares de Mens, Asalo e O Miñón, e tamén se procedeu á mellora da iluminación pública en Barizo, Malpica, Mens e Vilanova.
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, vén de asinar agora un novo contrato para a mellora da iluminación pública nos lugares de Piñeiro, Feira Nova, Brión e As Pozacas, cun orzamento de contrata próximo aos 22.000 euros que se financiará cos fondos do POS Adicional 2016. A actuación será executada pola empresa S3 Systems&Solutions, SL, que dispón dun prazo de 1 mes para levala a cabo.
Novas relacionadas
- Malpica licita as obras de renovación do alumeado público nos lugares de O Piñeiro, Feira Nova, Brión e As Pozacas
- As 8 parroquias de Malpica terán un mellor alumeado público
- De praias accesibles e alumeado eficiente e de nadal por Malpica.
- Malpica mellora a eficiencia enerxética de 140 luminarias
- Malpica presume de alumeado eficiente
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Malpica