Malpica inviste 85.000 euros na mellora do sistema de abastacemento de auga
08:07 23/08/17
O investimento consiste na mellora da ETP e dos depósitos do sistema de abastacemento de auga do municipio
O alcalde, Eduardo Parga, vén de asinar coa empresa Espina y Delfín S.L. o contrato de subministración e instalación de diferentes equipos para a mellora da ETP e dos depósitos do sistema de abastecemento de auga do concello de Malpica. O investimento acada os 84.783,64 euros.
As obras serán financiadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, que ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e do reequilibrio territorial. Neste sentido, os proxectos de saneamento, redes de sumidoiros e abastecemento de augas considéranse prioritarios.
Novas relacionadas
- Malpica inviste 22.000 euros máis no alumeado público eficiente
- Malpica licita as obras de renovación do alumeado público nos lugares de O Piñeiro, Feira Nova, Brión e As Pozacas
- As 8 parroquias de Malpica terán un mellor alumeado público
- De praias accesibles e alumeado eficiente e de nadal por Malpica.
- Malpica mellora a eficiencia enerxética de 140 luminarias
- Malpica presume de alumeado eficiente
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Malpica