sábado. 15.03.2025
El tiempo

Malpica licita as obras de renovación do alumeado público nos lugares de O Piñeiro, Feira Nova, Brión e As Pozacas

Malpica licita as obras de renovación do alumeado público nos lugares de O Piñeiro, Feira Nova, Brión e As Pozacas
Renovados-os-cadros-electricos-en-Malpica O concello de Malpica renovou recentemente os cadros eléctricos das oito parroquias Dentro do seu plan de eficiencia enerxética, o concello de Malpica publicaba no Boletín Oficial da Provincia da Coruña de onte a licitación das obras de renovación do alumeado público e mellora da eficiencia enerxética nos lugares de O Piñeiro, Feira Nova, Brión e As Pozacas. Esa obras, financiadas con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación cun orzamento de 33.290 euros, consistirán na substitución das luminarias actuais de vapor de sodio e vapor de mercurio por novas lámpadas dotadas de halogenuros metálicos de 50W dotadas de reactancias electrónicas que regularán o fluxo luminoso. En total substituiranse 11 cadros de mando e 108 luminarias, 29 en O Piñeiro, 27 en Feira Nova, 18 en Brión e 34 en As Pozacas. Ademáis disporase novos cadro de mandos en cada un dos catro emprazamentos sinalados, dotados con reloxio astronómico e sistema de protección contra sobretensións na rede. O proxecto contempla tamén a renovación de parte do tendido conductor aéreo co obxectivo de reparar algúns tramos que se atopan deteriorados e a substitución de todos os brazos que soportan as luminarias por outros novos de tubo galvanizado. As novas lámpadas de halogenuros metálicos de 50W permitirán un aforro enerxético de arredor do 40% e contan cunha vida útil elevada, superior ás 1.000 horas, e un elevado rendemento lumínico que mellorará a visibilidade nestes lugares. Ademáis do importante aforro enerxético e de mantemento, as novas lámpadas diminuirán as emisións de CO2 á atmosfera e a contaminación lumínica. Novas relacionadas Fonte

Comentarios