Malpica marida a Festa Galega co Mercado Medieval Mariñeiro esta fin de semana

Malpica será o epicentro da música galega durante o venres 18 e o sábado 19 de agosto cun cartel de luxo. Ademais tamén durante os día 18, 19 20 e 21 Malpica acollerá o Mercado Medieval Mariñeiro con múltiples actividades coma soprado de vidro, barca pirata, noria medieval, paseos en tren, xogos tradicionais, pasarrúas musical, piratas e brasas voadoras.
A Festa Galega comezará o venres día 19 e contaremos coa actuación de Camaño e Ameixeiras ás 22.15 horas, Ses ás 23.45 horas, Ialma á 01.15 horas e xa para rematar a noite ás 02.30 horas teremos a The Cerne Revival Band.
O Domingo 20, ás 12.00 horas, levarase a cabo o desfile de bandas organizada pola asociación A.C. Malante. Pola noite ás 22.30 horas a festa comezará coa Charanga ACDC, A Mellor da Costa da Morte e xa para rematar ás 23.30 horas Arredores deleitaranos coa súa fermosa música.