Malpica participa na elaboración do Atlas das Paisaxes de Galicia
08:05 19/04/16
O encontro, no que pode participar toda a cidadanía, terá lugar hoxe as 18:30 horas na casa do Oleiro de Buño
A semana pasada foron os veciños de Zas os que participaron na elaboración do Atlas das Paisaxes de Galicia e esta semana serán os de Malpica os que sinalen os lugares do municipio que, ao seu parecer, merecen unha protección especial.
Así, a consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do Instituto de Estudos do Territorio, está levando a cabo un proceso para fomentar a participación pública na definición de paisaxes que merecen unha protección especial e tamén para establecer que medidas se deben tomar. Nese contexto, o concelleiro de Urbanismo de Malpica, Iago Espasandín, informou de que hoxe se celebrará na Casa do Oleiro de Buño un obradoiro no que se explicará o funcionamento do programa habilitado pola consellería para que toda a poboación poida participar nese proceso. As persoas e/ou entidades interesadas poden achegarse á aula de informática da Casa do Oleiro ás 18.30 horas. A entrada é libre.
A Xunta ten habilitado un portal de Internet dentro do programa de promoción da participación pública na elaboración do Atlas das Paisaxes de Galicia, previsto dentro do convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio da propia Xunta e o Laboratorio do Territorio do GI Terriorio e Biodiversidade da Universidade de Santiago de Compostela. A través deste portal calquera persoa poche achegar os seus obxectivos de calidade paisaxística, así como a súa valoración da paisaxe e das posibles medidas de protección, xestión e ordenación da mesma.
Máis información
- CMATI: Exposición Pública do Catálogo da Paisaxe de Galicia.
- sixot.es/CatalogosPaisaxe.
- somospaisaxe.org.
Novas relacionadas
- Zas inclúe os seus lugares de interese dentro do catálogo paisaxístico galego
- Santa Comba e Carballo acollen novos talleres para crear o Catálogo da Paisaxe
- 13-02-16: O Catálogo da Paisaxe abre o prazo de alegacións e alonxa aos eólicos de Laxe.
- Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
- Queres participar na creación do Catálogo da Paisaxe Galega?
- A veciñanza costeira participa no Catálogo da Paisaxe de Galicia.
- Denuncian a grave deforestación da Devesa do Anllares.
- Francisco Santiago López denuncia con vídeos desfeita dos sistemas naturais costeiros.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected]).
- Malpica