Luns. 01.03.2021
El tiempo

Malpica pide melloras de saneamento e de seguridade arredor dos centros escolares

Walter Pardo e Ethel Vazquez sobre Malpica
Reunión telemática entre Walter Pardo e Ethel Vázquez
Malpica pide melloras de saneamento e de seguridade arredor dos centros escolares

Walter Pardo, o alcalde de Malpica, trasladou onte unha serie de necesidades á Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez. O rexedor focalizou a reunión na petición de medidas para incrementar a seguridade na contorna dos centros públicos da localidade, así como a mellora na rede saneamento en varios puntos do municipio.

Pardo fixo especial fincapé nos proxectos que se centran nos arredores do CEIP Milladoiro e no colexio de Buño. “No 2018 estaba proxectada xa unha rotonda na recta do colexio Milladoiro, e cremos que é unha infraestrutura necesaria porque aínda que a zona está limitada a 50 quilómetros por hora, consideramos prioritario contar con outro elemento que axude a frenar aínda máis a velocidade en favor da seguridade da rapazada”. Ademais sinalou que “sería bo contar cun paso de peóns iluminado na estrada AC-420 que vai ao centro público de Buño”.

Tamén formulou a posibilidade de actuar na senda peonil na marxe esquerda da AC-418 desde o punto quilométrico 9 ata o punto quilométrico 10, así como no tramo que conecta a rotonda de Buño co Polígono Industrial.

Melloras de saneamento

Unha das prioridades na liña de traballo municipal é o saneamento para todas as parroquias, desactualizado os tempos que corremos en moito dos seus puntos, “Prioritario sería intervir en Vilanova, no núcleo urbano de Beo”, comenta o alcalde, quen anuncia que contan coas opcións dunha EDAR propia ou un sala de bombeo para subsanar as deficiencias. Pero tamén hai que “mellorar a EDAR de Buño, e conectar a rede entre Vilarnovo e Seixas, que “caería por gravedade e tan só habería que conectar ambas”, sinalou o rexedor.

comentarios