Malpica premia aos gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal 2025
A Concellería de Promoción Económica deu a coñecer os gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal 2025, unha iniciativa posta en marcha co fin de promover o comercio local e incentivar a participación dos establecementos durante o período de Nadal. O xurado acordou conceder o primeiro premio a Fercal, o segundo premio á Perruquería Ana Ures e o terceiro premio a A de Visi, aos que lles corresponden dotacións económicas de 300 €, 200 € e 100 €, respectivamente.
No concurso participaron os seguintes comercios: Elemoba, Perruquería Ana Ures, Fercal, A de Visi, O Botero, A Tenda da Tía Carmen, Óptica Avelino, Doces e Mecos, A Tenda de Vera e Cerámicas Creare. Dende o Concello de Malpica queremos expresar o noso agradecemento a todos os establecementos participantes pola creatividade e o esforzo amosados, así como ao presidente da Asociación San Xulián e á presidenta da Asociación Malpica Felina pola súa colaboración no proceso de deliberación do xurado.
O Concello de Malpica ven de finalizar as obras de reforma realizadas nas Escolas Vellas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, Buño, cun investimento total de 12.600 euros.
Os traballos executados consistiron na reforma integral dos baños da planta baixa, así como no cambio das ventás do corredor e na substitución da porta do comedor, actuacións que permitirán mellorar as condicións das instalacións e o seu uso diario pola comunidade educativa.