Venres. 03.05.2024
El tiempo

Malpica púxose a Andar e Corme a pedalear

Ruta Cicloturista Corme
Ruta Cicloturista Corme
Malpica púxose a Andar e Corme a pedalear

Saíu a veciñanza de Bergantiños a disfrutar do bo tempo esta fin de semana con dúas actividades moi saudables.

Por Malpica foron nada menos que 430 persoas (veciños, turistas…) os que participaron na I Andaina da Ruta das Estrelas. Durante a ruta, que ida e volta son 10km, a luz ía minguando e a néboa apoderouse da paisaxe, feito que non impediu que os camiñantes ó chegar o cabo de San Hadrián non quixesen asistir a charla sobre astronomía que durou aproximadamente 40 minutos.

430 persoas na andaina de Malpica
Interminable o pelotón malpicán

Dende a concellería que dirixe o tenente alcalde de Malpica, Alfredo Cañizo, “Xa se está preparando segunda Andaina das Estrelas para seguir desenrolando o proxecto que ten o Concello “Malpica do Mar ás Estrelas”.

Ruta en bici por Corme

Ruta Cicloturista Corme 2

Mentres, en Corme celebrouse a súa 17º ruta cicloturista, na que participaron 138 personas. O pelotón saíu da Praza da Ribeira ás 11.00 horas da mañá e percorreu parte das zonas máis fermosas de Ponteceso como Cabo Roncudo, Pedra da Serpe, a igrexa de San Hadrián de Corme Aldea onde se realizou unha parada para repoñer forzas antes de volver á Praza da Ribeira. Foron 12km de deporte e diversión. Sobre ás 13.00 horas levouse a cabo o sorteo dos agasallos, sendo o cormelán Yoel Rod. o que levou a bici no sorteo.

Andando en Bici en Coeme

Comentarios