Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Malpica recibiu aos gañadores da XXXVI da Regata Illas Sisargas

Regata Illas Sisargas premios
Os gañadores da Regata Illas Sisargas xa cos panos da Romaría de Santo Hadrián
Malpica recibiu aos gañadores da XXXVI da Regata Illas Sisargas

As augas da costa coruñesa foron escenario da edición XXXVI da Regata Illas Sisargas, onde a velocidade foi a protagonista. Os participantes, impulsados por un vento portante do nordés, sucaron o mar a gran velocidade, alcanzando algúns barcos ata 18 nós (40 km/h), realizando o percorrido nun tempo record de dúas horas e media.

Nesta competición, o Delfín de José Naya Fraga, do Club Náutico Ría de Ares, proclamouse vencedor, demostrando un dominio absoluto da travesía desde A Coruña ata Malpica.

O Impresión 3D de Guillermo Blanco García (Club Náutico da Coruña) e o Figaro 55 de Jesús Pintos (tamén do Club Náutico da Coruña) conseguiron facerse cun merecido segundo e terceiro posto, respectivamente. Ambos os equipos demostraron un gran nivel competitivo.

Recoñecemento aos participantes

O concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo, e o concelleiro de Promoción Económica, Milo Fernández, foron os encargados de entregar os premios aos gañadores. Ambos, destacaron a deportividade de todos os participantes, así como o éxito da regata que xa é unha cita ineludible.

Tras a entrega de premios, os deportistas puideron gozar dunha deliciosa sardiñada no Porto de Malpica, compartindo experiencias e celebrando o éxito da regata.

Máis novas

Comentarios