venres. 02.05.2025
El tiempo

Malpica recupera o Retablo de Fantoches cun ciclo de monicreques ao aire libre

Malpica recupera o Retablo de Fantoches cun ciclo de monicreques ao aire libre
84 anos despois, volven a Malpica as Misións Pedagóxicas. Aquel proxecto de solidariedade cultural que levou bibliotecas, música, cine e teatro a máis de 7.000 vilas e aldeas españois entre 1931 e 1936, chegou a Malpica concello o 20 de outubro de 1933. A representación de “A doncela guerreira”, de Rafael Dieste, foi o primeiro espectáculo de monicreques que se levou a cabo en España, e a concellería de Educación, Cultura e Turismo de Malpica quere lembrala, unha vez máis, cun ciclo de monicreques ao aire libre. O departamento de dirixe Noelia Freijeiro programa unha nova edición do Retablo de Fantoches Rafael Dieste, que arrancará hoxe no parque infantil coa compañía Ghazafelhos e o espectáculo "O vendedor de fume". As próximas actuacións terán lugar no paseo marítimo o 29 deste mes e o 12 de agosto. Na primeira, o grupo Paporrubio interpretará A danza dos paxaros, e na seguinte teremos a Lucecús Teatro con “PingüSOS”. En caso de choiva as funcións serán no auditorio do Centro Cívico. Pero este ano a Concellería de Educación, Cultura e Turismo amplía o programa co festival de Curtametraxes Vai no Mar, unha iniciativa que nace de maneira experimental pero coa intención de consolidarse dentro do Malpica Verán. O certame celebrarase do 21 ao 23 de xullo no parque infantil (sesión infantil) e no paseo marítimo (pases para adultos), e en cada una das dúas sesións para adultos haberá unha votación ao remate de cada sesión para elixir a mellor curta. Novas relacionadas Fonte 
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Malpica

Comentarios