Venres. 19.04.2024
El tiempo

Malpica sae á rúa para protestar contra os recortes do servizo de pediatría do verán

Malpica sae á rúa para protestar contra os recortes do servizo de pediatría do verán
Concentracion en malpica polo mantemento do servizo de pediatria Concentracion en Malpica polo mantemento do servizo de pediatria Continúan os problemas na bisbarra cos recortes de verán na sanidade pública galega. Desta volta foron as familias de Malpica as que encheron a praza da Fonte en protesta polo recorte do servizo de pediatría. Un asunto que sufren outros concellos como Zas e Coristanco, que quedarán sen pediatra ata setembro, provocando que os afectados teñan que desprazarse ata Carballo (que tamén sofre problemas co servizo de pediatría) ou a Coruña. “Cos nenos

“Cos nenos non se xoga, Queremos solución”, “Os nenos do rural son igual que os da capital” eran as econdendas que berraron as familias.

As familias presentaban no Concello un escrito presentando a súa preocupación polo asunto, pois son 615 nen@s de menos de 16 anos os que quedan sen servizo de pediatría durante os meses de xullo e agosto, coincindo ademais que son os meses de verán nos que a cifra pode chegar aos 1.000 rapaces e rapazas.

Pediron a colaboración da corporación das súas demandas para facer presión, e aí estiveron varios membros da corporación, incluído o alcalde popular Eduardo Parga, apoiando as premisas en contra da política de recortes da Xunta de Galicia.

As familias lembran que o Centro de Saúde de Malpica leva dende marzo sen servizo de enfermería pediátrica, posto que non se cubríu a praza que quedou vacante por baixa.

Xa hai en Change.org unha petición de sinaturas, que está a piques de chegar aos 1000 apoios.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/familias-e-concello-abren-unha-recollida-de-firmas-para-recuperar-un-servizo-de-pediatria-digno/ https://quepasanacosta.gal/o-sergas-reduce-de-35-a-15-horas-semanais-o-servizo-de-pediatria-en-zas/ https://quepasanacosta.gal/o-alcalde-de-carballo-transmitelle-ao-xerente-de-xestion-integrada-do-sergas-a-necesidade-de-mais-pediatras-no-centro-de-saude/ https://quepasanacosta.gal/novos-recortes-no-hvdx-ao-non-cubrir-vacantes-que-provocaran-o-peche-de-camas-durante-o-veran/

Comentarios