Xoves. 02.12.2021
El tiempo

Malpica segue entregada á Ataxia

Malpica segue entregada á Ataxia
Concello de Malpica coa Ataxia Alcalde e Conceleiro visitaron o posto da Asociación Galega de Ataxia no mercado malpicán

Longa é a relación que mantén o Concello de Malpica coa Ataxia, ese trastorno caracterizado pola diminución da capacidade de coordinar os movementos musculares voluntarios. E non quere deixar de axudar o concello malpicán.

Así, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o tenente de alcalde e concelleiro de Obras, Servizos e Seguridade, Miguel Fernández, participaron esta fin de semana na petición de axudas realizada no mercado municipal pola Asociación Galega de Ataxias (AGA). Con este xesto, o goberno municipal volveu a manifestar o seu apoio á entidade, que conta con gran implantación no municipio.

Os representantes do goberno malpicán destacaron o importante labor que desenvolve a Asociación Galega de Ataxias tanto na atención directa aos doentes coma na información e asesoramento ás persoas afectadas e aos seus familiares. Durante a xornada informativa, a presidenta da AGA, Juliana Moscoso Lema, e a vicepresidenta, Dolores Castro Martelo, repartiron trípticos nos que explican que é unha ataxia, cales son os seus síntomas, o estado das investigacións para atopar unha cura e o labor que desenvolve a propia entidade.

As persoas que desexen recompilar máis datos ou colaborar con AGA poden poñerse en contacto vía mail [email protected] ou por teléfono nos números 981 234 651, 636 779 682 ou 629 178 566.

Unha de libros da casa

A Concellería de Cultura ten como norma adquirir todo tipo de publicacións relacionadas -ben pola súa autoría, ben polo seu contido- con Malpica. Entre as últimas adquisicións bibliográficas realizadas polo Concello figuran “E Caín”, do poeta malpicán Paco Souto, e “Lembranzas de Malpica”, de Xosé González Reyes. Exemplares das dúas obras están dispoñibles dende hoxe nas bibliotecas de todos os centros de ensino, tralo envío realizado polo departamento que dirixe Noelia Freijeiro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Malpica.

comentarios