Venres. 26.04.2024
El tiempo

Malpica sufrirá un corte de electricidade este venres

Malpica sufrirá un corte de electricidade este venres
Anuncia hoxe o Concello de Malpica que este venres, día 28, de 6.00 a 7.00 horas, boa parte do termo municipal sufrirá un corte de luz entre as 6.00 a 7.00 horas. Explican que se trata por mor duns traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes calles e lugares de maneira total ou parcial: Emilio González López, Escorial, Praia e Ventorrillo. Para calquera aclaración pódese contactar coa empresa responsable, UFD-Grupo Naturgy, no seguinte teléfono: 900 333 999.

Comentarios