Domingo. 31.05.2020
El tiempo

Malpica sumérxese No Tempo das Letras

Malpica sumérxese No Tempo das Letras
Malpica No tempo das Letras

Hai Letras máis alá do Couto. Por exemplo, en Malpica, onde entran Nos Tempos das Letras” cun programa que inclúe propostas para todos os públicos e que abrangue diferentes manifestacións culturais. Exposicións, contacontos, teatro, música e actividades literarias completan un programa marcado pola emotiva presentación da 12ª edición do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, que se celebrará o 22 de maio.

Venres na Biblioteca

Durante cinco semanas, todos os venres ás 18 horas os máis pequenos da casa están chamados a participar nos “Venres na biblioteca”, que comezarán o 5 de maio co espectáculo de Gloria Mosquera “As aventuras de Mamá Cabra”, para nenos/as de 2 a 10 anos. O día 12 escoitarán os “Contos nacidos do mar” de Raquel Queizás, e o 19 chegará “A nosa música con Jorge e María”, ámbolos dous recomendados a partir de 3 anos. Para rapaces e rapazas de 5 a 12 anos, Ghazafelhos traerá o espectáculo “Camiñando entre estrelas” o día 26 de maio, e para rematar, para o 2 de xuño reservamos as historias de “Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica”, con BocAberta.

Exposición

Do 8 ao 31 de maio estará aberta, tamén na biblioteca, unha exposición sobre Carlos Casares, protagonista do cartel anunciador do programa.

Poesía Erótica e mariñeira

A literatura estará moi presente “Nos Tempos das Letras” grazas á colaboración da Asociación Cultural Caldeirón, que o luns 22 de maio presentará o XII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas (Centro Cívico, 12 horas), e o 3 de xuño convídanos á presentación da publicación “A relixión do mar”, de Xosé Iglesias (Casa do Pescador, 20 horas).

Teatro

O 3 de xuño tamén será o día do teatro, co maratón de fin de curso a cargo do Obradoiro de Animación Teatral do Concello de Malpica. A partir das 18 horas, no auditorio do Centro Cívico, representará “O punto e final”, “Unha de bruxas”, “Margarida, a filla de Don Importante” e “Acampada no cemiterio”.

Programa

Novas relacionadas

comentarios