Malpica vestirase de versos na Cea das Letras 2025 co fallo do XX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

  • ÚLTIMA HORA: A organización da Cea das Letras informa de que o evento queda adiado por causas alleas á súa vontade. O nome da autora ou do autor gañador, así como a obra premiada, daranse a coñecer nun acto público no Salón de Plenos do Concello de Malpica o vindeiro venres, 21 de novembro, ás 19:00 horas. A entidade organizadora agradece a comprensión e invita á asistencia ao acto de anuncio do fallo.

O sábado 22 de novembro, ás 20.00 horas, Malpica de Bergantiños volve acoller unha das citas literarias máis queridas a Cea das Letras 2025. A Casa do Pescador será o escenario dun encontro que combina literatura e poesía.

Durante o acto celebrarase o fallo do XX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, un dos eventos máis singulares do panorama literario galego. A continuación, terá lugar a tradicional cea, un momento perfecto para compartir conversa e celebrar as letras arredor da mesa.

O prezo da cea é de 20 euros e as reservas poden facerse nos teléfonos 649 507 285 ou 981 707 104.

Organiza a asociación Caldeirón, coa colaboración da Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio, Deporte e Turismo do Concello de Malpica de Bergantiños.