martes. 10.12.2024
El tiempo

Diana Kurich recibiu o XVII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas nunha emotiva Cea das Letras

cea das letras Malpica 22
Diana Kurich recibiu o XVII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas nunha emotiva Cea das Letras

Como cada ano Malpica convértese na capital galega da poesía erótica. Un evento culural promovido pola asoaciación Caldeirón en colaboración co Concello de Malpica. Máis dunha trintena de persoas asistiron a entrega dos premios do XVII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas que se celebrou onte na Casa do Pescador de Malpica. Andrea Fernández Maneiro, foi a encargada de ler o fallo do xurado.

A obra gañadora foi “Feitas ao sisel”, de Diana Kurich, elixida polo xurado por unanimidade “pola súa estrutura orixinal desde a inspiración na cantiga popular que se ve substituída coa irrupción dun rexistro culto que provoca unha rica ruptura do poema” entre outros. O xurado tamén concedeu un accésit á obra “Corpo nomade” de Teresa Ríos Noya, polo seu discurso feminista na expresión e na procura da propia sexualidade.

No acto, no que estivo presente o Alcalde de Malpica, Eduardo Parga, tamén se presentou o libro “Persistencia da musica en novembro”, do pontecesán Miguel Anxo Mato Fondo, con prólogo de Juan Durán, compositor e Premio Reina Sofia de Composición 2018, e membro da Real Academia Galega de Belas Artes.

cea das letras Malpica 2022

Relacionados

Comentarios