Clara Vidal estreou o libro premiado no XVIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

Este pasado sábado, a Casa do Pescador acolleu a presentación da obra gañadora do XVIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Despois de saír do prelo, a poeta coruñesa debullará algúns dos poemas de “Masaxe con argán mal pronunciada”, escollida polo xurado da A.C. Caldeirón, leu os seus versos diante dun público entregado.
Foi Paco de Tano, fundador xunto co finado Paco Souto da Editorial Calderón e deste certame único no país, o que presentou o evento, dando paso ao alcalde Eduardo Parga. Antes de darlle paso á protagonista, a viuva de Paco Souto, Emma Abella, dou as grazas á Caldeirón por manter vivo o seu legado e por manter vivo este singular certame.
Vidal procedeu a contar a súa vinculación co certame, agradeceu á súa irmá pola ilustración da portada, e leu varios dos poemas do libro.
CERTAME DE POESÍA ERÓTICA
-
Diana Kurich recibiu o XVII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas nunha emotiva Cea das Letras
-
Andrea Fernández Maneiro, gañadora do XVI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas
-
Charo Pita e Laura Ramos Cuba, gañadoras do XV certame de Poesía Erótica Illas Sisargas
-
A picante Cea das Letras deu a coñecer a nova gañadora do Certame de Poesía Erótica
-
A Cea das Letras, o emotivo punto de encontro da poesía erótica galega
-
Xavier Queipo, gañador do XI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas