Venres. 29.03.2024
El tiempo

Malpica vólcase cos Obradoiros para maiores, pequenos e persoas con diversidade funcional

Malpica vólcase cos Obradoiros para maiores, pequenos e persoas con diversidade funcional
Obradoiros en Malpica

Volven a primeira semana de outubro a poñerse en marcha os obradoiros de cestería e de manualidades para maiores en Malpica. E co mes outonal volven tamén outras actividades tamén para os máis pequenos e para outros colectivos.

Como os obradoiros de manualidades para persoas con diversidade funcional, organizado pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Malpica, cada venres pola mañá. Os obradoiros de cestería, destinados ó mesmo colectivo, desenvolveranse entre o 2 de outubro e o 22 de novembro.
Os obradoiros de manualidades para adultos percorrerán as parroquias, e se celebrarán en Mens, Seaia e Cerqueda un día á semana.

Os máis pequenos tamén teñen obradoiros de manualidades, e polas parroquias tamén. Polas tardes, ben en Malpica, ben en Buño ou no CEIP X. R. Otero, os máis pequenos poderán apuntarse aos obradoiros, por 11€ ao mes.

A oferta tamén inclúe Obradoiros de Animación Teatral e tamén está aberto o prazo para apuntar aos pequenos á Ludoteca Infantil Municipal

Máis información

  • www.concellomalpica.com.
  • Departamento de Educación e Cultura do Concello de Malpica.
  • Centro Cívico. R/ Ventorrillo s/n Tel.: 981 – 707104.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios