Venres. 29.03.2024
El tiempo

Malpica volve celebrar o XX Concurso de Barcanas e Castelos de Area

CartelCastelosMalpica
Malpica volve celebrar o XX Concurso de Barcanas e Castelos de Area

O Concello de Malpica e a a Asociación de Amas de Casa de Malpica preparan a volta do Concurso de Barcanas e Castelos de Area na Praia de Area Maior. O xa tradicional evento celebra a súa XX edición tras un ano de parón, e a cita terá lugar durante a mañá do venres 27 de agosto.

As inscricións poden realizarse no departamento de Educación e Cultura, no Centro Cívico de Malpica en horario de 9:00 a 14:00 horas ata o 26 de agosto. A maiores, as persoas interesadas en participar poderán sumarse desde as 10:00 ás 10:30 horas do 27 de agosto na propia Praia de Area Maior.

Comentarios