domingo. 24.08.2025
El tiempo

Un menor trasladado ao CHUAC tras saltar dende unha altura de 4 metrosd no porto de Malpica

Un menor trasladado ao CHUAC tras saltar dende unha altura de 4 metrosd no porto de Malpica

Un rapaz tivo que ser trasladado ao Hospital Materno da Coruña nunha UVI móvil, tras sufrir un golpe, posiblemente contra o fondo, ao saltar dunha altura duns catro ou cinco metros no porto de Malpica. Axentes da Policía Local acodiron de inmediato a rescatalo, estado en estado inconsciente e sangrando.

O suceso acontecía ás 17:30h, e foi un particular o que avisaba ao 112, dende onde solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos efectivos de Salvamento Marítimo, dos membros do GES de Ponteceso, dos voluntarios de Protección Civil de Malpica e dos axentes da Policía Local.

O rapaz foi atendido polo persoal sanitario. Finalmente, e tras estabilizarse, o ferido foi evacuado na ambulancia ao Hospital Materno da Coruña.

Comentarios