Miguel Soldán Lema: “Estamos para recaudar vidas"
O Xefe do subsector de Tráfico na provincia A Coruña é natural de Barizo. A Miguel Soldán Lema xa llevén de familia. Fillo de Garda Civil sempre quixo ser Garda Civil de Tráfico, “dos de amarelo”. Falamos con el sobre a seguridade vial na Costa da Morte.
- QPC: Cales son as infraccións máis habituais, en relación á Seguridade Vial, que temos na Costa da Morte?
Temos un panorama moi variado, pero sobre todo distracións na condución, e excesos de velocidade.
- QPC: Como manexa un Garda Civil unha infracción relativamente inocente? Hai que “saber multar”? Como se transmite iso para escapar do mito de “só queren recaudar”?
O de recaudar paréceme xa moi antigo. Non estamos para recaudar, estamos para dar seguridade na estrada. Nós recaudamos vidas. Se hai infraccións, hai accidentes, e hai feridos, danos e mesmo mortos.
O que sempre predico coa xente coa que traballo é que hai que dirixirse ás persoas con educación, hai que comentarlle que cometeu unha infracción, sempre con respecto, con educación.
- QPC: Son as estradas da Costa da Morte máis perigosas que as do resto da provincia? ou danse máis accidentes nelas que no resto? Por que?
Non é que sexan máis perigosas. Neste ano xa temos 4 falecidos na nosa comarca. Pero non é só iso. Ás veces dase a circunstancia, e analizamos por que, se hai alcohol, drogas… e intentamos traballar sobre iso.
- QPC: Como calificarías o estado de saúde das nosas estradas?
Na comarca temos estradas de titularidade autonómica, provincial e local. A AG-55, a principal arteria, ten moi bo estado. Creo que contamos cunha boa rede de estradas, as provinciais tamén teñen un mantemento bo. Cando observamos unha deficiencia avisamos á autoridade.
- QPC: Aínda quedan, en todo caso, varios puntos negros na zona (a recta de Rus, en Carballo; cruce de Berdoias, entre Vimianzo, Dumbría e Muxía; a curva de Berdeogas, en Dumbría; a recta da Anchoa, en Fisterra; a costa do Carrizal, en Coristanco, agora menos usada pola Autovía; a curva de Canosa en Corcubión…) Que podemos facer para melloralo?
Como punto negro oficialmente non temos ningún, pero que son lugares onde se dan varios accidentes. Creo que a maioría están ben sinalizados e a xente ten que facer caso. Por exemplo, pensando na recta de Rus, que si que é un punto con varios accidentes, está moi ben sinalizada, pero se a xente non respecta os límites de velocidade…
En calquera caso, os datos de siniestralidade non son moi graves. Ao baixar o tráfico na AC-552 a siniestralidade baixou moito, pero dase sobre todo en inverno, polo tempo, porque a verdade é que a siniestralidade é máis autóctona que de fóra, os accidentes danse máis con xente que coñece as estradas.
- QPC: Séguense ademais a producir moitos atropelos en zonas como as Avenidas de Cee, a entrada norte de Vimianzo, a propia recta da Anchoa, en Bértoa…
Temos moitas irrupcións da xente maior, con prendas escuras na calzada. Xentes que viven na estrada e están acostumados a cruzar, e esa normalidade acaba sendo unha faltalidade. E o malo é que é moi complicado ver a xente maior co chaleco posto. O chaleco hai que poñelo, hai que facerse visible, máis nunha zona onde moitas tardes conducimos co sol de fronte.
- QPC: Vainos afectar algo o de 30km/h?
Isto regularano as autoridades locais. Reducir a velocidade, como din os expertos, vai ser moi positivo. Está pasando en todas as cidades, aquí temos o exemplo pioneiro de Carballo. Está clasro que non é o mesmo a 30 e a 50km/h.
- QPC: Que pasa ultimamente que hai tantos accidentes con tractores implicados, tanto na estrada como xa traballando nas hortas.
Accidentes con tractores houbo sempre. Os tractores se ensúcianse bastante en canto matrículas, luces… polo seu traballo. Polo que os tractores teñen que facerse visible, ca luz de emerxencia, e manter limpas as luces. E os condutores cando se aproximan a unha maquinaria agrícola teñen que reducir a velocidade. Ademais, a comarca de Bergantiños, por exemplo, é eminentemente agrícola en gandeira, e os tractores érguense moi cedo, mesmo en horas que non hai luz. Temos que poñer todos un pouco da nosa parte.
- QPC: As motos, outro colectivo comprometido como nos recordaban esta fin de semana nas estradas de Ponteceso cun falecido. Por que non se “cataloga” ós moteiros como “grupo vulnerable” do mesmo xeito que se meten os ciclistas ou peóns?
Tamén son grupo de “vulnerables” os motociclistas. Que pasa, que as motos hainas de varias cilidrada, e o que digo sempre, hai que respectar a velocidade, non estamos nun circuito. E hai que levar a atención 100%. Podes atoparte un animal, un coche que xira sen sinalizar. Outro asunto é que a mezcla moto-alcohol é explosiva. Cando hai un impacto entre turismo e moto, xa sabemos quen leva as de perder.
- QPC: Tendo en conta que a Costa da Morte ten plantillas pequenas de Policías Locais ou incluso hai concellos que xa nin teñen. Que tipos de colaboración se fan nestes concellos?
Nos concellos onde non hai Policía Local atendemos nós todas as incidencias de tráfico. O cidadán non pode quedar desatendido.
- QPC: Na comarca de Bergantiños temos un grave problema cun sector da poboación que naturaliza o feito de conducir sen carnet. Como se soluciona iso?
Hai que partir da base da educación vial. Os pais forman parte deso. Pero se un neno ve que o seu pai cumple sempre as normas (casco, cinturón, velocidade…) o rapaz aprende moi rápido. Se ves o contrario… Nas escolas tamén, temos que formar os pequeniños cidadáns para cumplir.
- QPC: Unha pata fundamental para paliar esta lacra é a Educación Vial, a Sensibilización Vial. Que se está a facer nesta liña nos colexios, centros culturales….?
Animo aos centros de ensinanza que soliciten a nosa colaboración para charlas, talleres… Os pequenos quédanse moito, quedan alucinados cas motos. Para que facernos máis cercanos e para explicar como son as normas.
Moitas veces vemos ao Guardia e xa pensamos que nos vai multar. Por que pasa iso? se imos ben, non pasa nada. Hai que cambiar ese medo e facer que o primeiro vixilante sexa un mesmo. E claro, hai que facer canteira, que coma nin xa quixen ser Garda Civil dende neno, polo meu pai.
- QPC: Que posibilidades habería de que a Costa da Morte acollera un Congreso de Seguridad vial, por exemplo? Cres que tería incidencia?
Agora mesmo nos tempos de COVID sería complicado, pero habería que empezar polos centros de ensinanza.
- QPC: Social Drive. Como influen os avisos dos controis na condución? Que pode facer e que fai a administración ante este tipo de páxinas, apps?
Está claro que as tecnoloxías aportan moito, pero ás veces fan moito dano… O que vaia poñer unha nova en social drive, que se faga unha pregunta: estás avisando a un posible delincuente vial, un home que vai bebido… e gracias a iso pode pasar un sinistro. Se se tivese parado, evitaríamolo. Se o radar está controlando a velocidade é porque hai infraccións. Se os axentes paran a alguén por non levar un cinturón, está salvándolle os dentes, por exemplo.
A Garda Civil está vixiando para que as nosas estradas para que non haia infraccións, que producen accidentes, que producen feridos, mortos… Estamos para que o rapaz volva a casa san e salvo. A seguridade viaira na Costa da Morte que sexa o máis segura posible. Todos temos dereito a disfrutar, pero con sentidiño.
- QPC: A nivel laboral, parece que as plantiññas de Axentes cada vez son más pequenas. Como está evolucionando?
Dende fai unha semana, xa están 6 novos axentes traballando en Corcubión. Agora temos unha plantilla moi potente para cubrir toda a Costa da Morte, e está a Coruña para apoiar.