Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Música e títeres para encher de vida as Noites de Malpica

Noites na vila de Malpica
Noites na vila de Malpica
Música e títeres para encher de vida as Noites de Malpica

Fermosas son as noites de verán en Malpica. O Retablo de Fantoches Rafael Dieste e o ciclo de concertos Vai no Mar serán algunhas das citas máis singulares do programa “Noites na vila”, que encherá de vida o Paseo da Praia e a Praza Anselmo Villar Amigo (en caso de choiva as actuacións trasladaranse ao auditorio do Centro Cívico) durante as fines de semana de xullo e agosto.

Retablo dos Fantoches

A programación do Concello de Malpica, comeza cunha nova edición do Retablo de Fantoches Rafael Dieste, en lembranza da estrea de “La doncella guerrera” na nosa vila no ano 1933, no marco das Misións Pedagóxicas que levaron a cultura a todos os recunchos do Estado. Este ano, o Retablo traeranos as seguintes propostas:

  • Sábado 20 de xullo, ás 20:30 h. no Paseo da Praia “A Tropa do Doutor Milagre” de Iventi Teatro. Urdime S.C.G. Público Preferente: Todos os públicos. Duración: 45 minutos.
  • Sábado 3 de agosto ás 20.30 h no Paseo marítimo “Os romeiros do caracol” de Fantoches Baj. Urdime S.C.G. Público Preferente: Infantil, a partir de 5 anos, e Familiar,. Duración: 50 minutos.
  • Sábado 31 de agosto ás 20:30 h. no Paseo marítimo “Tolitates” de Teatro de Marionetas Trécola. Público Preferente: Todos os públicos. Duración: 50 minutos.

Música

TraskiBand
A Traskiband

O ciclo de concertos Vai no mar terá as seguintes citas:

  • Venres 9 de agosto, ás 22:30 h. na Praza Anselmo Villar Amigo, actuación musical da “Traskiband”. Duración: 60 minutos.
  • Venres 30 de agosto, ás 22:30 h. no Paseo marítimo actuación musical do grupo “Versión Imposible”. Duración: 120 minutos.

Cocedura tradicional

Ademais, o 3 de agosto volverá haber unha cocedura tradicional aberta no Ecomuseo do Forno do Forte.

Cocedura Tradiciona da Oleria de Buno 2019

Comentarios