Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Certame de Poesía Erótica de Malpica, unha colección única

O Certame de Poesía Erótica de Malpica, unha colección única
Paco de Tano co alcalde de Malpica presentando o Certame de Poesia Erotica Illas Sisargas 2016 Paco de Tano co alcalde de Malpica presentando o Certame de Poesia Erótica Illas Sisargas 2016

En marcha un dos certames poéticos máis míticos da nosa bisbarra. Xa todo un referente a nivel nacional o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, que este ano vai pola 11ª edición, como explicaron alcalde, Eduardo Parga, e o presidente da organizadora Asociación Cultural Caldeirón, Paco de Tano.

O presidente de Caldeirón agradeceu ese apoio a un certame que supón unha diferenciación e que xa está a pasar á historia da literatura galega grazas á colección de libros editados con todas as obras premiadas. “Hoxe por hoxe podemos dicir que é unha colección que non hai en ningún outro sitio de España e non sei se a nivel Europeo. En España somos un referente, e a nivel da literatura galega xa non digamos”, subliñou Paco de Tano. Pero esa diferenciación tamén implica facer un labor constante de promoción “para que os escritores participen. Nesta 11ª edición xa entramos na adolescencia, e iso quere dicir que imos medrando”.

Ambos lembraron o nacemento do certame coincidindo coa súa etapa de concelleiro de Cultura e asegurou que agora recolle o testemuño dende a Alcaldía “para que as persoas que fan este tipo de literatura teñan un foro no que expresarse e nós poidamos darlles o noso recoñecemento”.

Inscrición

O prazo de inscrición estará aberto dende mañá ata o 30 de setembro. Os interesados poden enviar as súas obras ao Concello de Malpica (Avda. Emilio González López, 1-15113 Malpica de Bergantiños), indicando no sobre “X Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas”. O fallo farase público coincidindo coa Cea das Letras, na primeira fin de semana de novembro. O Concello de Malpica financia a edición da obra gañadora e o premio, dotado con 1.000 euros.

Relación de gañadores das edicións anteriores

• “Arredor do teu corpo”, Antonio García Teijeiro • “Baile Átha Cliath”, Alberte Momán • “Xoguetes póstumos”, Enma Pedreira • “Rúa da cancela”, Eli Ríos e Eduardo Estévez • “Amantes”, María Lado • “Carnia Haikai”, Elvira Riveiro • “Chamádeme Eva”, Mercedes Leobalde • “Dominio público”, Ramón Neto • “O episodio”, Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán • “A razón do perverso”, Mário J. Herrero Valeiro

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios