Xoves. 25.02.2021
El tiempo

O Ecomuseo do Forno do Forte prepara o barro para unha completa Semana Santa

O Ecomuseo do Forno do Forte prepara o barro para unha completa Semana Santa
Escolares de Los Rosales visitaron o Ecomuseo

Afía as espadas o Ecomuseo do Forno do Forte de Buño para esta Semana Santa, coincidindo cos Días Europeos da Artesanía. Así, esta fin de semana recibiron dúas visitas moi interesantes, unha organizada pola Fundación Eduardo Pondal e outra dun grupo de veciños e veciñas do barrio coruñés dos Rosales, que tamén percorreron a vila de Malpica e quedaron a xantar na Casa da Cultura de Seaia.

E xa pensa na Semana Santa, na que ampliará o seu horario de apertura coa finalidade de converterse nun recurso de referencia para as persoas que visiten a nosa comarca durante eses días. Deste xeito, dende o luns 10 ata o sábado 15 o ecomuseo estará aberto de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, e o domingo 15 poderá visitarse de 10 a 14 horas.

O Forno do Forte consta de 11 estruturas distribuídas arredor do forno -que é a peza central-, como o cabanote, o hórreo, a administración, a taberna, a tenda, a exposición agrícola e as vivendas dos oleiros. Durante todo o horario de apertura ao público, á parte de visitar as instalacións, o público poderá ver o traballo do oleiro Antonio Corral no torno.

Día Europeo da Artesanía

O Concello de Malpica aproveita a celebración dos

Novas relacionadas

Fonte

comentarios