Martes. 23.04.2024
El tiempo

O edificio do Centro Comarcal de Bergantiños volve a mans do Concello

O edificio do Centro Comarcal de Bergantiños volve a mans do Concello
Edificio do Centro Comarcal de Buno

Este verán parece que a Mostra da Olería de Buño poderá voltar, como quería, ao Centro Comarcal de Bergantiños. Pechado dende hai dous anos por falta de fondos, o Concello de Malpica vén de asumir a titularidade do edificio e o goberno municipal prepara un proxecto para dotalo de contido, tentando que volva ser o epicentro cultural que foi dende 1997 ata a extinción da entidade pública Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, o 1 de xaneiro do 2012.

O custe en mantemento suporá 35.000 euros ao ano, e xa hai varios obxectivos claves, como recuperar a importante e valiosa colección de pezas de olería de Luciano García Alén e manter o Centro Comarcal como sede do GAC e o GDR.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios