O Faustino e o Farruco camiñarán xuntos por primeira vez

Os enterros son un dos puntos fortes do Entroido costeiro, xa convertidos nunha auténtica tradición. Este ano, por Malpica van ter un Enterro especial. Se por Buño xa andan preparando a Mikaela, a gran protagonista do entroido bergantiñá, por Seaia e Malpica van unir forzas.

Por primeira vez dende hai máis de vinte anos, o Farruco de Seaia e o Faustino de Malpica camiñarán xuntos para celebrar o domingo de Piñata máis espectacular. Un desfile máis sonoro, xa que con eles irá a Charanga NBA.

Este 2015 viviremos un irmandamento dos que fan historia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).