Luns. 26.08.2019
El tiempo

A Mikaela, un Vía Crucis de bares

A Mikaela, un Vía Crucis de bares

Tremenda a proposta festexeira que propoñen os veciños de Buño cada entroido. A protagonista do Sábado de Piñata de Buño é a Mikaela, bella moza de curvas exhuberantes e curta vida. Tras un "pasarrúas" pola vila, como bo Enterro que se prece, a Mikaela acaba nas chamas na zona do empalme, onde se coce a movida.

Pero ollo, que a Mikaela non é unha rapaciña. A tradición remóntase ata comezos do século pasado. E coas idas e vidas de calquera organización festeira, dende os 70 faise ininterrumpidamente.

E continúa crecendo. Este ano era unha proba de lume, i é que se hai 20 anos a cita estaba dirixida puramente aos veciños, a día de hoxe a festa xa é de toda a comarca. Este pasado sábado, sendo unha das citas máis multitudinarias da súa historia, eran máis dun milleiro de persoas chegadas de tódolos puntos da Costa os que ateigaron a vila. E iso que o día non se prestaba. Así e todo,. festa rachada e nin unha soa bronca.

O funeral, que cada ano de hai máis de 25, chega da man do Cura Laico de Buño, que non é outro que o Padre Añón, o panadeiro da vila, dou paso á queima da "falla" que desenvolven os novos activos membros da Asociación de Amigos da Mikaela.

E como peche de festa, que mellor que o grupo de Pixicas para poñer os últimos bailes á saúde da finada, ata o ano que vén, Mikaela.

Adaptando as tradicións

A festa ademais vai modificando as tradicións. Ata hai 4 anos, por exemplo, as mulleres non podían participar. Pero a día de hoxe é impensable pensar nunha festa sen mulleres. Pouco a pouco se foron incorporando e, por susposto, a ninguén lle extrañou en Buño.
Ademais, antano a queima celebrábase o mércores de cinza, día de diario que non podía permitirse moita xente. Hoxe xa é o Sábado de Piñata.
Ademais, a queima hoxe faise na zona do empalme, ao carón dos bares, e contra a noitiña, para permitir ter toda unha tarde de festa e empalmala coa noite.

Creando familia

E non queda en Buño a Mikaela. O seu exemplo foi extendido a outros puntos do Concello e mais da bisbarra. Moito máis novos, naceron polos 80, poderíamos catalogar como fillos da Mikaela aos Faustino de Malpica, o Narigo de Barizo, o Farruco de Seaia, os propios Madamitos e Ghuadineiros, ou ata o Caietano de Laxe. Cada parroquia tamén ten a súa festa.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios