O Nordestazo Rock pode coas adversidades
Non pode nin Portos co Nordestazo Rock. O Festival malpicán conseguíu superar todas as diversidades para convertir nun novo éxito esta edición de 2015. A golpe de venres, a entidade portuaria obrigaba a cambiar a ubicación do festival e trasladalo á zona do campo de fútbol. E só influiu en que a organización tivo que duplicar esforzos. Pero aí estivo de 10 un completo equipo organizativo que traballou a reo para chegar a tempo, e iso hai que agradecerllo, e moito, a todos os operarios, produción, á xente da A.C. Tralla... E como non, ao pobo enteiro de Malpica, que se volcou co evento.
Non influiu nin no desenvolvemento do festival, nin nas ventas. As 2000 entradas que se venderon durante os meses anteriores, aseguraban xa un cheo maior que o do ano anterior. Pero ademais, o punto de venta habilitado no centro de Malpica traballou a todo gas de 12:00 a 21:00h horas, vendendo entradas coma churros.
E se notou. Se ao mediodía Malpica xa lucía un aspecto inmellorable ao sol na sesión vermú, a zona do concerto estaba ateigada xa a última hora da tarde.
E non, Yoshi non caeu enriba do escenario. Estivo 2 horas enriba do escenario cantando, como puido, todos os grandes éxitos de Los Suaves, a gran banda mítica do rock galego que apura a súa longa última (?) xira de despedida. Non lle fai falta a Yoshi cantar, pois os asistentes xa sabemos de sobra cada unha das míticas cancións, convertidas en himnos durante os anos 90. Foron o gran reclamo publicitario do festival, e non defraudaron para nada.
O Festival arrincaba cos Bala, que tocaron 40 minutos a todo trapo. Protagonista foi Sés, que estivo algo máis dunha horiña, con toda unha lexión de fans aos seus pés. Esta muller bergantiñá ten o mundo por diante, e con esa garra de seguro que traspasa as fronteiras do noso país. Namorou aos seus veciños con todo tipo de ritmos cantados ca mesma emoción.
Chegaron logo Siniestro Total, que arrancaron con “Digo yeah" e xa non pararon en hora e media, e mesmo tocaon con Sés o mítico “Bailaré sobre tu tumba”, nun tandem ben curioso e pintón, que cumpriu un dos soños da cantante costeira.
Aínda quedaba moita note, e Silvia Superstar, no seu papel de pincha, puxo a bailar a todo o mundo con clásicos do rock dos 80-90.
Foi un fermoso fin de festa para un festival de primeira división, que supera todo o que se lle pon por diante.
Así, antes das 5:00h, os festexeiros aínda tiveron tempo para ir consumir aos establecimentos da vila, que non acusaron demasiado o cambio de ubicación e que puideron pechar un completo día de festa.
Novas relacionadas
- Santi Romay: “O Nordestazo Rock trae a moita xente a descubrir Malpica”.
- Los Suaves e Siniestro Total gastarán as nosas gorxas no Nordestazo 2015.
- Herdeiros da Crus, Soziedad Alkoholika e El Drogas, cabezas do Castelo Rock 2015.
- Nordestazo 2014: Los Enemigos volveron encher de míticos o Nordestazo Rock de Malpica.
- Nordestazo 2013: Moito máis que un sábado de percebes e rockandroll.
- Nordestazo 2012: O Nordestazo xa é de Primeira División.
- Nordestazo 2010: O Nordestazou fixo tremer o porto de Malpica .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).