Venres. 04.10.2024
El tiempo

A olería de Buño marida coa conservas artesanais de Ar de Arte

Arte de Arte e Oleiros de Buno
A olería de Buño marida coa conservas artesanais de Ar de Arte

Segue a Olería de Buño dando pasos para converterse en elemento de luxo e vangarda. A última colaboración nace da man doutra proposta artesá de Bergantiños. A marca conservas artesanais, Ar de Arte, vén de lanzar unha nova serie de produto que unen as dúas artesanías, cunha simbiose que vén de crear tres pezas de cerámica con barro de Buño nas que presentar as conservas artesanais elaboradas na comarca.

Falamos de conservas feitas con produto da Costa da Morte, seleccionadas súa calidade e enlatadas a man, que se venden nunhas caixas deseñadas por artistas como Fernando Rei ou Lucía Romaní, acompadas nunha desas pezas de olería creadas para a ocasión polos oleir@s María Canedo Penas de Feituras (cunha singular balea) Fran Gorín de Obradoiros Gorín (cun prato e unha cunca), e Alberto Lista, o último artesán de Alfarería Lista (que crea un prato e 4 repousacubertos).

A empresa bergantiñá espera levar estes novos “regalos” por todo o planeta, tendo en conta que xa se comercializa en 9 países.

Novas relacionadas

Comentarios