A Olería de Buño recupera e abre á veciñanza a Cocedura tradicional e a Festa da Carroa

O Rulo na Cocedura tradicional da Mostra de Oleria de Buno 2019
O Rulo na Cocedura tradicional da Mostra de Olería de Buño de 2019
A Olería de Buño recupera e abre á veciñanza a Cocedura tradicional e a Festa da Carroa

Este sábado 6 e domingo 7 de setembro, o Forno do Forte volve acoller, 5 aos despois, a Cocedura Tradicional. Con máis de 20 edicións, a Asociación oleira rescata esta singular cita e a abre á veciñanza, para que poida meter as súas pezas no forno romano do século XIII.

Ademais, a noite do venres rematará coa Festa da Carroa, a festa coa que se celebraba o bo resultado do traballo oleiro. Haberá cea, música e boa conversa.

O domingo será a descarga, momento de coñecer o resultado e compartir experiencia.

Teñen toda a información nas redes sociais

Cocedura tradicional oleria buno

Máis novas

 

Comentarios