Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Organizan unha nova limpeza submarina para o porto de Malpica

limpeza malpica fondos porto chelonia
Organizan unha nova limpeza submarina para o porto de Malpica

Que necesarias son as accións de limpezas das praias. Pero tamén son imprescindibles as limpezas dos nosos portos, onde se almacenan restos de lixo de todo tipo. Moitos botan de menos aquelas limpezas na ría de Corcubión, ou Camariñas da man da desarmada Asoar-Armega. Desta volta é a Asociación Chelonia, en colaboración co Concello de Malpica, a Confraría de Malpica e Bucelo Malpica, a que organiza unha limpeza para este 26 de febreiro.

A quedada será en Buceo Malpica, a partir das 10:30h e xa te podes inscribir en www.asociacionchelonia.org/eventos.

Comentarios