Os Reis Magos coñecen ao Apalpador


Por segundo ano consecutivo os Servizos de Normalización Lingüística dos concellos de Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas, colaboran coas súas maxestades de Oriente no reparto das cartas.
Os SNL ocuparanse de repartir nos centros de ensino dos seus concellos os modelos de cartas que lles fixeron chegar os Reis Magos, e unhas 3.000 cartas serán repartidas entre os nenos dos concellos.
Pero a carta servirá para presentar oficialmente aos Reis co Apalpador, esa figura da tradición galega que baixa das montañas na noite de fin de ano visita as rapazas e os rapaces, apálpalles a barriguiña para ver se están ben mantidos e ademais dos agasallos déixalles unha presada de castañas e deséxalles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura.
Esta actividade encádrase nas actividades de dinamización lingüística que dende o ano 2010 organizan de maneira conxunta os SNL dos ditos concellos.
Máis información
Novas relacionadas
- Cabazas, bruxas, pantasmas e curuxas para o Samaín de Zas.
- Unha guía para navegar en galego.
- Campaña de Nadal 2010 conxunta e en galego.
- O Apalpador achégase á Costa .
- A bitácora da semana (LXXIV): O blog do SNL de Zas .
Fonte
- Nota de prensa do SNL de Zas.