![agasallo-saude-comarca-bergantinos]()
Non hai moitos vivos. Varios do Servizos de Normalización Lingüística (SNL) morreron co bipartito. Pero os que quedaron vivos queren seguir traballando para que a nosa lingua non quede esquecida. Xa ollamos como traballa o SNL de Zas, que
polo Samaín artellou un creativo certame audiovisual con grandes resultados. E hoxe ollamos a campaña de nadal conxunta.
I é que a Deputación da Coruña e
os Servizos de Normalización Lingüística (SNL) dos concellos de Carballo, Cabana, Malpica, Ponteceso e Zas veñen de unirse para favorecer unha campaña de Nadal que facilite que os cativos e cativas poidan escribir en galego a súa Carta aos Reis Magos, ademais de favorecer a compra de agasallos "en galego" nestas datas.
Para iso, a Deputación vén de editar unha guía, titulada "Agasallo. Propostas de regalos en galego", que conta cunha tirada de 45.000 exemplares que serán distribuídos en toda a provincia e que ofrece arredor de 250 propostas de regalos para todas as idades, incluíndo narrativa infantil e para adultos, xoguetes, música ou incluso camisolas. A oferta vai dende produtos culturais ata aparellos tecnolóxicos, DVD, móbiles, colonias, etc. Trátase de agasallos etiquetados, promocionados ou realizados en galego e o obxectivo é que se distribúan nos edificios oficiais do municipio, como a Casa do Concello ou o Pazo da Cultura, e tamén nos centros escolares para que os cativos e cativas poidan escribir a súa carta e pedir os seus agasallos de Nadal "en galego".
Recuperando o Apalpador
![apalpadorGrande]()
Ademais, o modelo para enviarlle unha Carta aos Reis Magos inclúe unha mención á figura galega de 'O Apalpador', un xigante que vive no Courel e traballa de carboeiro. Na noite de fin de ano visita as rapazas e rapaces, apálpalles a barriguiña para ver se están ben mantidos e ademais dos agasallos déixalles unha presada de castañas e deséxalles un ano novo cheo de felicidade e fartura.
Xa o vimos os anos pasados e pouco a pouco vai collendo máis popularidade.
Pola rede
Tamén mencionan a posibilidade de Internet para conseguir os agasallos en galego. As tres plataformas que teñen máis cantidade de produtos incluídos na guía son , e .
Novas relacionadas