Os trasn@s inician a sexta edición do Camiño dos Faros
07:15 16/03/16
O domingo comeza no porto de Malpica a sexta edición do Camiño dos Faros
"Non tiñamos pensado facela pero houbo moita xente que nos pediu que a organizáramos" din os tran@s. Trátase da sexta edición do Camiño dos Faros que comezará esta fin de semana en Malpica (sábado pre-etapa e domingo ruta).
O Camiño dos Faros está en pleno proceso de homologación como sendeiro de Gran Recorrido. O día que iso se consiga, a ruta pasará a ser propiedade dos concellos polos que discorra coa conseguinte consecuencia de ser un motor máis de promoción turística. "Contamos que a finais de ano a ruta estea homologada" aseguran os tran@s. Unha vez que iso se consiga iniciarase un proceso de sinalización.
A sexta edición axudará a axilizar a homologación xa que entre todos os trasn@s que participen, que se espera que sexan máis de 500, analizarán cada punto do percorrido.
Así a primeira etapa desta edición será o domingo, 20 de marzo. Os participantes reuniranse ás 9 horas no porto de Malpica e dende alí realizarán os case 22 quilómetros que os separan de Niñóns, o punto final da etapa. Cada trasn@ deberá levar a súa propia comida e bebida da que poderá disfrutar ao longo do percorrido. Á chegada, prevista para as 19 horas, un autocar recollerá aos camiñantes para levalos de volta a Malpica.
Como participar
Para participar é obrigatorio inscribirse a través da páxina web Camiño dos Faros onde é necesario cubrir un prego. O prezo é de 5€ por persoa e inclúe viaxe en autocar de Niñóns a Malpica e un seguro de accidentes. Os participantes poden inscribirse ata o día da ruta, antes do seu comezo.
A ruta dos Faros da Costa da Morte, que se compón de 8 etapas, une os 200 quilómetros que separa Malpica de Fisterra. Ademais do éxito desta iniciativa que traspasa as fronteiras da bisbarra, os organizadores puxeron en marcha as pre-etapas que se realizan o día anterior á ruta na vila dende a que se parte. Desta forma, a pre-etapa deste sábado será en Malpica onde os participantes poderán coñecer a vila a través da visión dos mariñeiros e das redeiras. Xa pola noite, e tras repoñer forzas nos distintos locais hosteleiros de Malpica, a Traskiband ofrecerá un concerto.
Durante as pre-etapas, e tras un acordo coa Federación de ANPA`s da Costa da Morte, organizán uns roteiros abertos a todos os públicos cuns percorridos pensados para persoas, de calquera idade, con distintas necesidades específicas ou mobilidade reducida.
Novas sobre o Camiño dos Faros
- A por un Camiño dos Faros para todos
- Os pioneiros trans@s mapean o Camiño dos Faros coa tecnoloxía de Google
- O Camiño dos Faros volve á TVE con Edu Soto.
- Os alcaldes únense á loita pola homologación do Camiño dos Faros como Sendeiro GR.
- Os trasnos invaden a TVE de Faro en Faro.
- Turgalicia escolle o Camiño dos Faros para o anuncio de outono.
- A TVE xa é trasna.
- Os trasn@s cabalgan sós.
- O Camiño dos Faros afía o seu proxecto como ruta de Gran Recorrido.
- O Camiño dos Faros como ruta de integración para a diversidade funcional.
- Un milleiro de trasn@s toman de novo o Camiño dos Faros
- O Camiño dos Faros volve máis forte que nunca ca 5ª edición.
- O Ultratrail Camiño dos Faros xa ten data para 2015.
- Medran os adheridos para que o Camiño dos Faros sexa unha Ruta de Gran Percorrido.
- A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido.
- Por un futuro cheo de vida no Camiño dos Faros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).