Martes. 30.11.2021
El tiempo

Os veciños de Cerqueda reciben os títulos de propiedade da Concentración Parcelaria

Os veciños de Cerqueda reciben os títulos de propiedade da Concentración Parcelaria
A zona da Croa do Castro de Cerqueda-Foto-Sole Felloza A zona da Croa do Castro de Cerqueda pegou un gran cambio este mes-Foto-Sole Felloza

"Non era sen tempo", valoran dende a parroquia malpicá. Moitos anos levan os veciños de Cerqueda esperando pola Parcelaria. Parece que chegou o turno dos veciños.

Os días 14, 15, 16 e 17 de marzo, no Centro Cívico de Malpica (Aula de Lecer), de 10:00 a 13:30h, a Consellería de Medio Rural fará entrega dos títulos de Propiedade da Concentración Parcelaria de Cerqueda.

Os propietarios deberán acodir co DNI para recibir os títulos.

Cursos

A Asociación de Veciños Monte d'Arxa de Cerqueda vai realizar no mes de abril un curso homologado pola Xunta de Galicia de manipulación de produtos fitosanitarios. Aquelas persoas que desexen anotarse deben contactar con calquera menbro da directiva.

Fonte

comentarios