Sábado. 02.11.2024
El tiempo

Os versos erotizan as Crebas das praias das Sisargas

Os versos erotizan as Crebas das praias das Sisargas

Fermosa conxunción poética a que viviu a pasada fin de semana a vila de Malpica. O verso tomou a vila con ata 4 protagonistas. Por unha banda, Miro Villar presentaba o seu libro Crebas, acompañado de Paco Souto.
Ao carón, Elvira Riveiro Tobío recollía o seu premio como gañadora do VI Certame de poesía erótica Illas Sisargas, mentres que María Lado veía como o seu libro Amantes, vencedor da edición do ano pasado, se convertía nunha realidade. Foi o propio Paco Souto, membro da Asociación Cultural Caldeirón, o encargado de dar unha pequena introdución do libro. Iso si, a propia poeta María Lado recitou varios poemas do seu libro para deleite dos asistentes.

Elvira Riveiro Tobío, gañadora do VI Certame de poesía erótica Illas Sisargas

A Casa de Turismo Rural Casa Arpón deuse a coñecer a obra gañadora do VI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, convocado polo Concello de Malpica e a Asociación Cultural Caldeirón. A obra gañadora foi "carnia haikai", da escritora pontevedresa Elvira Riveiro Tobío. O Premio foi entregado polo Alcalde de Malpica, Eduardo J. Parga Veiga, e a Concelleira de Educación e Cultura, Noelia Freijeiro Novo.

O galardón está dotado con 1.000 €, que aporta o Concello de Malpica, a publicación da obra, que realiza a A.C. Caldeirón, e unha noite na Casa de Turismo Rural Casa Arpón, por cortesía deste establecemento.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios