Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Por unha atención educativa domiciliaria decente para Hadrián

Por unha atención educativa domiciliaria decente para Hadrián
Hadrián e a nai-Imaxe-TVG Hadrian e a nai-Imaxe-TVG

Con el estivemos cando recibiu aquel regalo das mans de Fabricio. Pero o pequeno malpicán Hadrián Antelo non para de loitar. A leucemia impídelle levar a mesma vida que os rapaces da súa idade pero el, e a súa familia, quere ter os mesmos dereitos.

Por iso, neste comezo de curso, toca protestar para conseguir un sistema educativo xusto para para el, pois polo de agora só recibirá clases na súa casa 4 horas á semana, os martes e xoves, dúas horas cada día. A familia, que ten que invertir en clases particulares, esixe unha atención decente, polo menos ata que remate o tratamento, non en menos de 7 meses.

Está recibindo Hadrián o apoio de todas as Anpas Galegas. Xa a Federación de Anpas da Costa da Morte enviou un escrito á Consellería pedindo unha atención educativa domiciliaria de calidade para Hadrián.

Un escrito apoiado por todas as ANPAS Galegas, que denuncian que Hadrián "está sendo mal atendido pola administración educativa galega, e ao que se lle está impedindo o seu dereito a ter atención no seu domicilio". Reinciden as ANPAS en que "non queremos só a solución dun problema puntual, senón que, como fixemos nos nosos orixes cando hai xa moitos anos comezou esta loita un grupo de nais de Vigo ás que lles adebedamos a normalización que agora nos queren quitar, é necesario que exista un tratamento normalizado para estas circunstancias e para que o xa difícil trance da enfermidade non implique tamén un atranco insuperable na vida escolar".

Preguntas claras fanse as Anpas:

  • Como se garante esta continuidade cunha atención de catro horas á semana?
  • Que continuidade terá ese proceso formativo cando este neno se incorpore novamente ao ritmo da súa idade con esa exigua formación?
  • Non abondará coa dificultade de readaptación á vida ordinaria logo dunha tal experiencia, como para por riba incrementala con problemas formativos que poderían ter sido resoltos doadamente pola administración educativa?

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios