sábado. 18.04.2026
El tiempo

“Praia Pallet”, a iniciativa colaborativa malpicá para invitar a coidar máis os areais

Praia Pallet Malpica
“Praia Pallet”, a iniciativa colaborativa malpicá para invitar a coidar máis os areais

O Concello de Malpica ven de poñer en marcha a iniciativa “Praia Pallet”, un proxecto pioneiro na zona orientado á recollida de residuos mariños nas praias do municipio. A actuación desenvólvese en colaboración coas entidades Surf and Clean, Aprende Através do Surfing e One Surf Academy, ce ontando ademais coa implicación de Aspaber e co traballo das redeiras de Malpica.

O primeiro destes dispositivos foi instalado na praia de Seaia, e o proxecto xa fora presentado no marco do Malpica Surf Fest. Nos últimos días,
ampliouse a súa presenza coa colocación de novos caixóns nas praias de Beo, As Torradas e Riás.

Estes elementos permiten ás persoas usuarias das praias depositar os plásticos e residuos que o mar arrastra ata a area durante os seus paseos, contribuíndo así a manter o litoral en mellores condicións. Dende o Concello lémbrase que estes caixóns están destinados exclusivamente a residuos de orixe mariña, non ao lixo xerado durante as xornadas de lecer na praia.

A iniciativa “Praia Pallet” toma como referencia unha idea orixinal de Clean Ocean Project, adaptada agora ao contexto local, convertendo a Malpica nun concello pioneiro na implantación deste sistema de recollida na contorna.
 

Comentarios