Venres. 26.04.2024
El tiempo

A procesión marítima puxo fin a unhas grandes Festas do mar de Malpica

Procesion virxe do carme Malpica 3 copia
Procesion virxe do carme Malpica 3 copia
A procesión marítima puxo fin a unhas grandes Festas do mar de Malpica

Puxo fin este domingo a unha fin de semana espectacular en Malpica. Todo o mundo coincide en recoñecer que este ano as Festas do Mar foron unhas “festazas” gracias ao traballo da Comisión de Festas ADC Mallas de Area, con grandes eventos que congregaron milleiros de persoas como ese Remember Queen que quedará para a lembranza de moitos. As verbenas foron grandes reclamos, pero a vila estivo viva toda a fin de semana.

Procesion virxe do carme Malpica 3 copia 2

O cumio chegaba o domingo con esa xoia etnográfica que supón a procesión marítima da Virxe do Carme. Por un “malentendido” no concello malpicán non houbo banda de música acompañando á procesión da virxe por terra como é costume, pero a xente disfrutou ao máximo da saída das embarcacións, e a súa mostra de respecto por todos os mariñeiros na zona da praia.

Non se puido poñer o cumio ás festas coa fogos de artificio por mor da néboa.

Procesiom Maritima Malpica

Concurso de Castelos e Barcanas de Area

Castelos e Barcanas de area en Malpica copia

O venres foi o día do singular XXI Concurso de Barcanas e Castelos de Area, celebrado coma sempre na Praia Area Maior. Un concurso moi especial que permitiu levar varios trofeos da Olería de Buño.

Comentarios