xoves. 08.05.2025
El tiempo

Propoñen expropiar terreos á Igrexa para poder abrir a piscina de Malpica

Propoñen expropiar terreos á Igrexa para poder abrir a piscina de Malpica
Piscina municipal de Malpica pechada polos accesos entre o pavillon e o camposanto Piscina de Malpica-Foto-MCS

Leva anos aparecendo como exemplo das desfeitas municipais máis salvaxes do país. E o problema é que o morto segue aí. Un edificio xigantesco, no alto da vila, que ademais vai esmorecendo e deteriorándose…

Nacía en 2009 como un faraónico proxecto do ex alcalde socialista Varela Rey, empregáronse máis dun millón de euros, e apenas estivo un mes aberta pero foi inmediatamente polo novo goberno popular saído nas municipais 2011.

Esa pode ser unha simple definición da piscina de Malpica, exemplo dos pantagruélicos excesos dos tempos da burbulla. Esta caeu cos cartos do Plan E, cos permisos correctos, na zona escolar, pero cun fallo, sen acceso rodado. Ao carón, o cemiterio e varios terreos da Igrexa, polo que a día de hoxe á piscina só se pode acceder a pé ou por un pequeno camiño de terra.

Entra pois a piscina en plena campaña electoral. A posición de cada partido neste asunto será clave pois falamos dun morto moi morto. O gran problema é a viabilidade económica. PP (a pesar de gastar 44.000€ de orzamento municipal en saneamento e mantemento) e BNG opóñense a abrila porque a realidade é que as arcas municipais non dan para unha infraestrutura como esta e consideran que sería deficitaria. Poñen datos sobre a mesa e sinalan que sae a uns 30.000€ mensuais mantela aberta, e nin con todos os veciños socios daría para facela sostible.

Pola contra PSOE, AIM e Son D'Aquí aportan ideas para intentar abrila a toda a comarca, recordando que só Cabana e Carballo conta con infraestruturas semellantes.

Interesanse se nos prantexa a proposta do novo grupo Son D’Aquí. Propoñen expropiar os terreos ao Arzobispado, baseándose nunha figura de 1954, para poder abrir un acceso rodado por debaixo do cemiterio ata a porta da piscina. Así de claro. En todo caso, consideran que habería que tratar ca Igrexa, porque unha permuta podería ser tamén un arma para negociar e por fin abrila infraestrutura, aínda que sexa só uns meses ao ano e só o ximnasio. Pero, “o morto está aí, pero algo hai que facer”, entenden dende Son.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios