Martes. 23.04.2024
El tiempo

Chegan os traxes para a loita contra a vespa velutina

Chegan os traxes para a loita contra a vespa velutina
Os voluntarios de Proteccion Civil recibiron onte os traxes especificos para a vespa velutina Os voluntarios de Proteccion Civil de Malpica recibiron onte os traxes especificos para a vespa velutina A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Malpica de Bergantiños, Carballo,Cee, Coristanco e Laxe, entre outros da provincia, recibiron onte un traxe específico para a loita contra a vespa velutina. No caso de Malpica asistiron acto de entrega o alcalde, Eduardo Parga; o concelleiro de Seguridade, Miguel Fernández, e o coordinador de Protección Civil, Iván Muiño. A entrega coincidiu cunha xornada formativa organizada pola academia galega de Seguridade Pública da Consellería de Presidencia, a través da cal téntase conseguir que as persoas que traballan na xestión das emerxencias conten cos mellores medios e traballen en condicións óptimas. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, que fixo entrega dos traxes aos representantes de 31 concellos da provincia, incidiu na importancia da formación e de contar con equipamentos axeitados, dous dos piares para que os grupos de emerxencias poidan ofrecer un servizo óptimo á cidadanía.  Grazas aos traxes poden levar a cabo con seguridade a destrución e retirada de niños por parte das asociacións de voluntarios de Protección Civil dos concellos onde esta especie estea actuando ou se prevea un posible avance. Dende a administración autonómica insístese na importancia da coordinación entre as diferentes administracións na loita contra a vespa velutina e o esforzo que está a realizar a Xunta para facer fronte a este problema. Neste sentido, Diego Calvo lembrou que a consellería de Medio Rural retirou ou inactivou o pasado ano máis de 5.600 niños desta especie en 170 concellos de toda Galicia. Na provincia da Coruña retiráronse 1.979 niños. Cando un cidadán localiza un destes niños ten que chamar ao 012 para alertar da súa presenza, dando a localización máis exacta do mesmo e a súa descrición de cara a que os servizos de emerxencia poidan confirmar se se trata ou non dun niño de esta especie, que son grandes e redondos, están colgados en zonas altas e son de cor amarela. Novas relacionadas Outras novas sobre a avespa velutina Fonte  

Comentarios