luns. 12.01.2026
El tiempo

O PSOE de Malpica comeza un calendario de reunións parroquiais

concelleiros-malpica PSOE
O PSOE de Malpica comeza un calendario de reunións parroquiais

O PSdeG-PSOE de Malpica de Bergantiños anuncia o calendario e os lugares das reunións parroquiais que manterá coa veciñanza do municipio, tal e como avanzara semanas atrás. O obxectivo destas xuntanzas será escoitar de primeira man as demandas, necesidades e inquedanzas dos veciños e veciñas e trasladalas ao pleno municipal. 

As xuntanzas darán comezo o domingo 18 de xaneiro no local social de Barizo ás 11:30 horas. A seguinte cita terá lugar o domingo 25 de xaneiro en Buño, no Teleclube, tamén ás 11:30 horas; mentres que o domingo 1 de febreiro a reunión será nas Escolas de Cambre, ás 12:00 horas. 

O calendario retomarase o domingo 22 de marzo en Cerqueda, ás 12:30 horas, nas Escolas das Pozacas. Xa no mes de abril, a veciñanza poderá participar na xuntanza do sábado 11 no local social de Mens, ás 11:30 horas; o domingo 19 en Leiloio ás 11:00 horas, nas Escolas da Raxeira; e, por último, o domingo 26 en Vilanova, nas Escolas de Beo, ás 11:30 horas. 

Comentarios