luns. 21.04.2025
El tiempo

Remata o prazo para inscribirse nas escolas deportivas de Malpica

Remata o prazo para inscribirse nas escolas deportivas de Malpica
Membros do equipo de psicomotricidade da escola municipal de educación física de Malpica Membros do equipo de psicomotricidade da escola municipal de educación física de Malpica Hoxe remata o prazo de inscrición nas actividades da Escola Municipal de Educación Física (EMEF)  do concello de Malpica. Os interesados aínda están a tempo de dirixirse ao departamento de Deportes (de 09.00 a 14.00 horas) ou facer os trámites nos colexios e a través do número de teléfono 981 720 001 ou do correo electrónico pablo.lista@malpica.dicoruna.es. A EMEF inclúe este curso escola de porteiros (nenos nacidos entre os anos 2002 e 2009), baloncesto (2004 a 2007), ximnasia rítmica (2002 a 2008), psicomotricidade e ritmo (2008 a 2011), aerobic (2002 a 2007), patinaxe (2004 a 2011) e escola de fútbol (2002 a 2009). As dúas últimas actividades impártense tanto en Malpica coma en Buño. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Malpica
Novas relacionadas

Comentarios