Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Sufocan un incendio nun edificio abandonado da Atalaia de Malpica

Edificio abandonado na Atalaia de Malpica
Edificio abandonado na Atalaia de Malpica
Sufocan un incendio nun edificio abandonado da Atalaia de Malpica

Esta pasada noite de xoves, rexistrouse un incendio nun edificio abandonado de Malpica. Un edificio da Travesía San Ramón, no alto da Atalaia, paralizado no seu día pola súa ilegalidade urbanística e que hoxe en día é utilizado pola mocidade para realizar botellóns.

Ao parecer, o incendio foi nun sofá que había dentro. Tiveron que acodir os Bombeiros de Carballo, o GES de Ponteceso, a Garda Civil e o 061.

Comentarios