Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O temporal provoca varios aprazamentos entroideiros

Entroidos de Muros e Malpica
O temporal provoca varios aprazamentos entroideiros

Estade atentas ás redes sociais dos vosos concellos, porque o (novo) temporal que arrecia estes días na comarca, está a provocar aprazamentos nas cita entroideiras.

Por exemplo, en Malpica, onde a xornada do sábado, artellada por Mallas da Area, na Praza Vilalr Amigo, ten que ser adiada, aínda sen data. Pero dende a organización asegura que buscará data en breve e que os tickets mercados seguirán valendo.
Ademais, as actividades do Entroido previstas para realizarse o domingo día 11 de febreiro pola tarde (Desfile Infantil organizado pola AC Malante, o Concurso de Disfraces e Comparsas, o Concurso de Piñatas e a actuación da Charanga ACDC organizados polo Concello de Malpica), trasladaranse ao Pavillón Polideportivo de Malpica, nos mesmos horarios que estaban previstos.

Aprazamento en Muros

Debido á choiva prevista para este domingo 11 de febreiro, o concurso de Comparsas de Muros aprázase para o domingo 25 de febreiro. O prazo de inscrición mantense aberto ata as 14.00 h do 22 de febreiro.

Máis citas entroideiras

Comentarios