Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Un sábado de percebes e rockandroll

Un sábado de percebes e rockandroll
En bus da Festa do Percebe de Corme ao Nordestazo Rock de Malpica

Xa temos o plan completo para o vindeiro sábado 13 de xullo. Pola mañá iremos ata Corme a disfrutar da XXI Festa do Percebe do Roncudo. E pola noite cambiaremos percebes por guitarras e nos colaremos no Nordestazo Rock de Malpica.

E o faremos sen necesidade de coller o coche, pois a organización puxo a disposición unha liña de autobuses que partirá do centro de Corme a Malpica. As saídas dos buses seán ás 20.00h, ás 21:00h e ás 22.00h e serán totalmente gratuitos, con preferencia para aqueles que amosen a súa entrada do Nordestazo.

Fantástica pois a proposta e a colaboración entre ambas organizacións, que fan de dúas festas, un festón doble.

Se do Nordestazo xa coñecemos os pratos fortes que non son outros que Loquillo e Corizonas, da Festa do Percebe sabemos que haberá racións para para un tren, e que a escritora Diana Varela, nacida en Corme en 1981, recén galardoada co premio Estornela de teatro para nenos 2012, será a pregoeira.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios