Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Loquillo e Corizonas, os primeros grandes nomes do #NordestazoRock2013

Loquillo e Corizonas, os primeros grandes nomes do #NordestazoRock2013
Nordestazo 2013

Xa estamos comezando a época festivaleira, e os máis madrugadores xa van anunciando as súas primeiras confirmación. Pasamos xa por Valarés e hoxe paramos en Malpica. Tras dar o salto o pasado verán á primeira división, a A.C. Tralla chega con forza e danos dous primeiros nomes de División de Honra para esta 5ª edición do Nordestazo Rock.

Loquillo, un dos máis grandes do panorama rock español dos últimos 30 anos, e os Corizonas, banda nova pero cunha gran bagaxe surfeira, farán vibrar ao sempre entregado público bergantiñán.

A cita será o sábado 13 de xullo e a partir de esta mañá póñense á venta as entradas para o V Nordestazo! E apurade porque hai unha oferta de 500 entradas por só 10 euros cada unha.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios