Volven os obradoiros para maiores e persoas con diversidade funcional a Malpica
11:04 23/02/22
O Concello de Malpica retoma o vindeiro 3 de marzo os obradoiros de actividades para as persoas da terceira idade e con diversidade funcional.
Os talleres de manualidades impartiranse os martes e xoves na Casa do Oleiro de Buño de 15.45 a 17.45 horas. Ademais, tamén se realizará, os mesmos días serán no Centro Cívico de Malpica de 18 a 20 horas. Durante a realización da actividade todos os participantes deben facer uso da máscara e cumprirase coas medidas sanitarias vixentes.