Volven as visitas teatralizadas para coñecer a historia da vida no Forno Do Forte
O Concello de Malpica en colaboración coa Deputación de A Coruña ofrecerá visitas teatralizadas gratuítas nas instalacións do Ecomuseo Forno do Forte durante os sábados 1, 15 e 29 de xullo e os días 12 e 26 de agosto, en horario de 12.00 a 13.00 horas.
Despois do éxito acadado na pasada edición o Concello volve a apostar por esta modalidade que da man de Yago Espasandín e Raquel Crespo, compoñentes de Alalá Teatro, que darán vida á obra “Ao principio había barro”.
A obra representa a visita dunha rapaza peculiar (Lola) que durante o itinerario polo Ecomuseo Forno do Forte vai romper coa tranquilidade do guía do museo (Carlos).
Lola ven buscando respostas a todo canto ten escrito nun caderno, que segundo ela, levan escribindo dende o principio dos tempos os seus antepasados. A incredulidade de Carlos e as intencións de Lola, desembocarán nunha viaxe no tempo, grazas as “propiedades máxicas” da boca do forno.
Desta vez, a visita teatralizada do Ecomuseo Forno do Forte, convídanos a unha viaxeao Buño primitivo, preto dos Barreiros, as orixes, pero tamén un chisco máis atrás, aomomento no que naceu a historia do barro e a humanidade.
Ao principio había barro é un xeito de coñecer mellor a historia local permitindo aosvisitantes introducirse na historia que conta a exposición e as vivendas do Forno do Forte por medio da teatralización.